miércoles, 15 de septiembre de 2010

Facer un Mundo....

Este é Manolo, meu amigo Manolo Otaño. Podería contar tantas historias del que non me alcanzaría o tempo. Artista, filósofo, chamán, músico, autodidacta, mugalari nos malos tempos da dictadura... enamorado da vida e comprometido coa transformación da realidade para un mundo mellor.

Hoxe vive en Zaldivia (Alto Goierri), dende alí e inspirado nos textos da filósofa Hannah Arendt da que dí que é o seu amor plátonico, puxo en marcha o proxecto: Cultura do traballo cívico e a innovación: Pedagoxía da innovación: Un novo inicio.
E eu, impactada pola beleza e a ética do seu traballo non podo menos que compartir con vostedes a web que escasamente reflicte a magnitude das ideas e realización, os traballos e debuxos, a inspiración.
(clic)

Nela abondan textos personais, reflexións, proxectos e realizacións sobre o que el denomina "Iniciativa-Cultura do Traballo Cívico"

E aquí copio un párrafo do seu concepto de arte, no que despois de asumir a tese de Javier Gomá respecto a validez das formas da arte actual, afirma:

"Por mi parte exploro expresiones artísticas acomodándome a las necesidades cívicas y morales de nuestro tiempo. Sin abandonarme en la mecedora del capricho personal de crear nuevos mundos arbitrarios encuentro motivación en la celebración de sentimientos comunes y sin renunciar a la creación me considero un intérprete, al cumplir con mi trabajo no siento la necesidad de dirigirme a una sociedad anónima a la le que cuento mis “interesantes” intimidades – para eso mejor acudir al psiquiatra - , sino que instalado en la vertiente comunitaria de la cultura gozo del hechizo del arte en la celebración compartida. Atiendo al dictum de Hannah Arendt: “La fuente inmediata de la obra de arte es el pensamiento”. John Dewey señaló el camino: “Recobrar la continuidad de la experiencia estética con los procesos normales de la vida"


"Facer un mundo de cousas estables e duradeiras en torno ó que relacionarnos e sexa digno de ser legado aos novos que chegan"

No hay comentarios: