sábado, 19 de septiembre de 2009

Sarabela Teatro. Un luxo para a nosa cidade

Acabo de chegar do Auditorio, contenta e marabillada de ver a estrea desta versión escénica da obra de Blanco Amor que cumpre 50 anos da súa primeira publicación.
Coñezo e admiro dende hai moitos anos a labor deste grupo de persoas dirixidas pola sensibilidade exquisita de Ánxeles Cuña que sempre nos sorprende con engados como o de hoxe.

Son nove actores: Sabela Gago, Elena Seijo,Fina Calleja, Nate Borrajo, Tito Asorey, Josito Porto, Suso Díaz, Fernando Dacosta e apresenza da estupenda actriz Rosa Álvarez. A música en directo a cargo de Yuri Sidar e Vadim Yukhnevich. A parte técnica a cargo de Rubén Dobaño, José Manuel Bayón e David Varela. Con especial mención á dramaturxia realizada por Begoña Muñoz e Carlos Couceiro.

Un elenco de luxo no que resalta a construcción do Cibrán realizada por un Fernando Dacosta expléndido en infinidade de rexistros e matices e a do Bocas, na que Suso Diaz está como dentro dun traxe feito á medida. A posta en escea coral, apoiada pola música en todo momento, mantén o ritmo perfecto do drama e o espazo escénico motiva á imaxinación que, voando por riba do atrezzo, insunúa eses lugares tan entrañables da narrativa blancoamoriana, parte do imaxinario colectivo da ouensanía literaria.

Noraboa, noraboa. Bravo, bravo.

Eu llela recomendo, non deixen de vela.

No hay comentarios: